A gastronomía de Ribadeo co #ribadeoindiano

posted in: Evento | 0

 

 

Pouquiño queda xa para os vindeiros 11 e 12 de xullo… sen dúbida unhas datas que se marcan dunha cor especial este ano no calendario de Ribadeo.. porque nelas celebrarase por primeira vez o envento Ribadeo Indiano.

O evento organizado polo Concello e A.C.I.S.A pretende poñer en valor todo o patrimonio artístico, cultural e histórico dos indianos; así como a súa vinculación e importanza no desenvolvemento da vila …   ao mesmo tempo que serve de elemento dinamizador de Ribadeo esa fin de semana.

Un mercadiño de productos de ultramar, unha verbena, talleres… e un amplo programa que podedes consultar nesta web levarase a cabo durante toda esa fin de semana.

1Como non podía ser doutro xeito… a gastronomía terá un papel primordial durante esos días…  Con motivo delo, unha agrupación de hosteleiros convocados por A.C.I.S.A Ribadeo e o Concello; decidiron organizar degustacións de tapas e racións a precios asequibles.

 

As tapas oscilarán entre 1€ e 2,50€ e as racións entre 4€ e 10€.

 

No caso de locais de restauración, poderán realizar tamén menús degustación ao precio que decida cada un.

 

Todos os locais que se integren no evento, deberán escoller a temática propia dun país sudamericano. Unha vez seleccionado definirán as tapas e racións que ofrecerán acorde coa gastronomía do mesmo.

 

Será importante que a decoración tamén esté adaptada buscando transportar a vila durante esos días a realidade dos mesmos. Deste xeito fachadas, interiores, terrazas… deberán ser engalanadas cos materiais propios da época: palma, bambú, plantas tropicales, farolillos, banderolas…

 

En canto as terrazas, serviranse “cócteles” da época indiana: mojitos, caipirinhas…

2

 

Por último e non menos importante… os hosteleiros deberán estar caracterizados de temática indiana, quedando a súa libre disposición calquera outro tipo de actividade no seu local…

3

Todo os locais participantes quedarán incluidos dentro das actividades xerais do evento e recibirán unha distinción especial durante o evento.

 

Lembramos que aínda estades a tempo de participar… para elo debedes comunicar a decisión e o país elexido antes do vindeiro venres 27 por algún dos seguintes sistemas:

 

982 120 565 ou

ribadeocca@gmail.com.

 

 

AGRUPACIÓN HOSTELEROS EVENTO INDIANO

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *