O comercio coa I Festa Indiana de Ribadeo

posted in: Evento, Indianos | 0

 Ata 500 euros en vales de compra este #Ribadeoindiano

1A.C.I.S.A Ribadeo, únese ao Ribadeo Indiano xa non soamente como organizador do evento (en colaboración co  Concello de Ribadeo)… Senón que tamén levará a cabo un sorteo entre todas as compras realizadas os días 10,11 e 12 de xullo.

 

Por cada compra realizada os clientes recibirán unha copia do ticket selado; ou no seu defecto un resgardo acreditativo do gasto realizado no comercio.

O cliente deberá poñer o seu nome e teléfono de contacto no mesmo; e posteriormente durante esos días depositalo nun dos tres puntos que estarán habilitados para elo ( posto do mercadillo de A.C.I.S.A en San Roque, Bar Costa Verde e Bar Queimada).

 

Ao final do día, recolleranse todas as urnas, e realizarase o sorteo durante a verbena que se celebrará pola noita no Parque de San Francismo.

 

Sortearase un total de 500 € en vales de compra, sacando diferentes tickets ata alcanzar ese valor. O sorteo será en directo, pero non presencial, para evitar aglomeracións.

Aqueles locais que se integren no evento, deberán escoller unha temática propia. A decoración poderá realizarse en fachadas interiores, sendo os materiais propios da época: a palma, o bambú, plantas tropicais, farolillos, banderolas…

 

Os comerciantes deberán estar caracterizados de temática indiana, quedando a súa libre disposición calquera outro tipo de actividade no seu local. Ademáis, a organización distinguirá con carteis indicativos ao locais participantes e quedarán incluídos dentro das actividades xerais do evento.

 

Para poder ampliar información os vindeiros días lembrade que además de nesta web… tamén podedes atoparnos no Facebook!!!

https://www.facebook.com/pages/Ribadeo-Indiano

 

Todos os interesados en participar deberán comunicalo antes do vindeiro venres 27 de xuño, por calquera dos seguintes medios:

982 120 565 ou

ribadeocca@gmail.com.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *