Bases de participación no IV Mercadiño Indiano

posted in: Evento | 0

O mercadiño indiano constitúe un espazo dentro da IV Edición Ribadeo Indiano para a mostra de postos con produtos e mercancías de ultramar e da época así como de oficios da que comprenderán finais do S.XIX e principios do XX.

Lugar, data de celebración e organización

O mercado terá lugar na Rúa San Roque durante o día 8 de xullo en horario continuo de 11:00h ata a finalización do festival de Habaneras que será aproximadamente sobre as 22:00h.

A organización deixará que cada stand contemple a posibilidade de pechar en horario de mediodía de 15:00 a 17:00h, neste caso a vixianza e seguridade correrá a cargo dos expositores/as.

En todo caso será obrigatorio manter a apertura dos postos de 11:00h a 15:00h e a partir das 17:00 ata a finalización do festival de Habaneras, que se desenvolverá na mesma rúa.

Participación

Poderán participar preferentemente as persoas físicas ou xurídicas que desenvolvan algunha actividades relacionada coa cultura indiana ou da época ( finais do S.XIX e principios do S.XX)
No anexo I faise unha aproximación ás actividades sen perxucio de que as persoas interesadas propoñan calquera outra relacionada, neste caso deberán xustificar adecuadamente a súa relación.

Condicións e características

– As persoas participantes empregarán vestimenta adecuada á temática do mercado (indiana e/ou de colmados da época) e correrá a cargo do expositor. Así mesmo os stands deberán estar decorados e ambientados coa temática do mercado ( cáñamo, maletas, caixas antigas de madeira , sacos de arpilleira,
obxectos de época etc.) e debérase ocultar na medida do posible aqueles elementos modernos.

– Todos os produtos que se comercialicen no mercado de indianos deberán cumprir a normativa vixente en cada caso.

– A organización non se fai responsable das perdas, roubos, furtos ou danos dos materiais e produtos durante o transcurso do mercado.

– A organización asignará os espazos e dimensións seguindo o seus propios criterios de distribución e segundo necesidades do mercado.

– Todos produtos a venda terán relación coa temática do mercado.

– Unha persoa responsable da organización percorrerá os stands para verificar que se cumpren os requisitos de participación . A organización se reserva a posibilidade de retirar , no transcurso do mercado, aqueles produtos que non contemplen estas bases.

Criterios de adxudicación

Se o número de solicitudes que cumpran os requisitos destas bases supera o número de espazos dispoñibles, a concesión será segundo os seguintes criterios de adxudicación:

1 Criterio prioritario: De cara a garantir a diversidade de produtos no mercado a organización asegurará a maior diversificación dentro de cada categoría de produtos presentados sempre que cumpran os criterios xerais destas bases. Se aínda así , o número de solicitudes excede no número de postos ofertados, se aplicarán os seguintes criterios:

1. Estética ata 35 puntos

Para a valoración deste criterio se terá en conta a vestimenta, ambientación e decoración do posto

2. Produto ata 55 puntos

Para a valoración deste criterio se terá en conta a calidade de produto, a súa adaptación á temática do mercado.

3. Que o produto estea vinculado ao territorio ata 10 puntos

Para a valoración deste criterio se terá en conta que o produto implantación na comarca da Mariña Oriental e a súa área de influencia.

En caso de empate se realizará un sorteo.

Establecérase unha lista de espera para o caso de que existise algunha renuncia.

Así mesmo, a organización reservase o dereito de convidar a participación persoas e ou entidades, por razón do seu produto como un elemento significativo da época e dinamizador do mercado.

Documentación

– Modelo I Instancia cumprimentada

– Declaración responsable

– Fotografía do produto/s obxecto de venda

– Memoria segundo baremo: vestimenta, ambientación e produtos de venda

As solicitudes se presentarán no rexistro xeral do Concello de Ribadeo , ou por correo certificado ou calquera outro medio recollido na Lei 39/2015 de 1 de outubro,do procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

No caso das solicitudes no presentadas no Rexistro Xeral do Concello, debérase ao correo electrónico adl@ribadeo.org

Procedemento e prazo

Os interesados/as deberán presentar no rexistro xeral do Concello a súa a solicitude xunto co modelo de inscrición debidamente cumprimentado e a documentación requirida antes 20 de xuño. A inscrición e participación será gratuíta.

Montaxe e horarios

A montaxe dos stands estará aberta desde as 9:00h da mañá. A desmontaxe de stands será obrigatoriamente unha vez rematada o festival de Habaneras que será aproximadamente entre as 22:00h

Cada expositor comprométese a :

– Responsabilizarase dos produtos expostos no seu stand durante a celebración do mercado.

– Que o seu stand permaneza aberto debidamente atendido durante o horario establecido.

– Garantir a presenza variada e un número suficiente de produtos, representativos e acreditados na instancia da solicitude.

– No realizar promocións comerciais tales como ofertas, liquidacións, rebaixas, saldo dos por un e similares.

Organización

– No uso das súas competencias, a Organización, poderá adoptar as medidas que considere oportunas para o correcto desenvolvemento do Mercado Indiano.

– A Organización resérvase o dereito de fotografar e filmar stands e produto expostos nos mesmos.

– A organización no se fai responsable, do furto, roubo ou desperfeitos das pezas. A seguridade e vixiancia correrá a cargo dos expositores/as.

– A organización ten contratada unha póliza de Responsabilidade Civil.

O incumprimento destas condicións será motivo de exclusión da selección no proceso de adxudicación da edición do 2018.

Información e comunicación

Para máis información poderán poñerse en contacto coa Área de Desenvolvemento Local e Turismo de Ribadeo, no teléfono : 982128650 ou no correo electrónico adl@ribadeo.org

A concesión ou non de stands será no taboleiro de anuncios , paxina web www.ribadeo.gal , correo electrónico e aqueles outro medios que se considere.

ANEXO I

  • Produtos da horta con especial incidencia nos produtos chegados das Américas : pataca , pemento, tomate , millo e outros relacionados.
  • Produtos latinos de alimentación.
  • Colmados e outros produtos de alimentación: café, cacao, salazóns, ron, herbas , especies.
  • Doces e pasteis típicos da época.
  • Xoguetes de época.
  • Xeados.
  • Barquillos.
  • Froitas tropicais.
  • Chocolates e cacaos.
  • Roupa, Complementos, tocados e camafeos acordes coa época.
  • Libros, revistas e outros artigos de papelería relacionados coa temática.
  • Antigüidades e decoración da época.
  • Flores e plantas tropicaisOficios de época : barquilleiros, zapateiros/zoqueiro, etc.
  • Outros: Xustificar a súa relación coa temática ultramar e/ou da época.

PARA DESCARGAR A SOLICITUDE DE INSCRICIÓN FAI CLIC AQUÍ: Enlace de DESCARGA

PARA DESCARGAR AS BASES FAI CLIC AQUÍ: Enlace de DESCARGA

Leave a Reply