OBXECTO

Este ano o Ribadeo Indiano levarase a cabo o 7, 8 e 9 de xullo, aproveitando a chegada do verán e con el, miles de turistas a Ribadeo, sendo tamén un reclamo e atractivo turístico máis dentro da nosa oferta comercial e de lecer, o que converte a Ribadeo nun punto de visita destacado na zona, apostando pola dinamización local.

Este evento, a pesar da súa xuventude, estase a converter nun dos eventos máis esperados en Ribadeo e na súa contorna, e que a todas luces vai camiño de converterse nunha das festas temáticas con máis prestixio e singularidade dentro das desenvoltas na nosa comunidade dada a súa diferenciación e impacto á hora de por en valor tanto o noso patrimonio material como o inmaterial.

A evolución do evento, a súa proxección e importancia dentro do desenvolvemento local da vila tira a aproveitar este empurre e anima ao Concello a desenvolver unha serie de actividades anteriores ao evento, todo co fin de promover o turismo cultural relacionado coa emigración ás Américas.

É por iso que desde o departamento de Turismo, Desenvolvemento Local e Comercio quere comezar este ano cunha actividade previa ao evento que redunde na calidade, diversidade e vistosidade do mesmo, e para elo propón a desenvolvemento dun obradoiro de baile (tango).

Debemos de ter en conta, os retornados de América non só importan novos estilos de vida, diferentes canons arquitectónicos, frescas formas de pensar etc., senón tamén novos estilos musicais. Unha música con ritmos diferentes que contribúen a enriquecer a cultura dos pobos natais.

Así o tango é un xénero musical e unha danza, característica da rexión do Río da Prata e a súa zona de influencia, principalmente das cidades de Bos Aires (en Arxentina) e Montevideo (en Uruguai) principais países receptores dos nosos emigrantes.

CONTIDO DA ACTIVIDADE.

Obradoiro de Baile que contará cun total de 8 horas repartidas en dúas quendas e o número total de prazas estará limitado a 80 persoas. Cada quenda constará de 4 clases cunha duración de 55 min cada unha.

A organización será a encargada de distribuír aos participantes en ámbalas dúas quendas (16.00h a 17.00h e de 17.00h a 18.00h) por rigoroso orde de inscrición.

En caso de que non se cubran as prazas dalgunha das quendas a organización resérvase o dereito de anular unha delas.

DATA, LUGAR E HORARIO

O obradoiro terá lugar no pavillón polideportivo R/ Alfredo Deaño, os días 4, 11, 18 e 25 de xuño de 2017, en dúas quendas de 16.00h a 17.00h e de 17.00h a 18.00h.

A organización resérvase o dereito de modificar as datas, horarios e /ou lugar de celebración en caso de acontecer algún imprevisto. Ao igual que se reserva o dereito a anular a actividade no caso de non cubrir un mínimo de prazas.

DESTINATARIOS

Persoas maiores de 18 anos ou menores con autorización do titor/ra.

PREZO

Proponse cobrar un prezo público de 5 euros por participante (1.25€/pers./clase).

INSCRICIÓN DAS PERSOAS INTERESADAS

As solicitudes para inscribirse na actividade deberán presentarse, con toda a documentación requirida nas oficinas do Concello (rexistro) – previamente haberá que recoller os fomularios de inscrición nas oficinas de turismo do Concello -.

Documentación:

  • Fotocopia do DNI.
  • Anexos de inscrición.
  • No caso de ser menor de idade o anexo de inscrición deberá ir acompañado dunha autorización do titor/ra.
  • Copia do impreso do pagamento de taxas.

ADXUDICACIÓN:

DIRECTA: por orde de inscrición.

No caso de superar o número de prazas ofertadas establecerase unha lista de garda.

PAGO DA INSCRICIÓN

Unha vez recollido o impreso de pago de taxas nas Oficinas do Concello (rexistro), o pagamento farase na oficina bancaria da entidade Abanca no número de conta IBAN: ES85 2080 0140 1331 1000 0539 co concepto “Obradoiro de baile Ribadeo Indiano”.

O xustificante de pago deberá presentarse antes do 02/06/2017 ata as 14.00h nas oficinas do Concello (rexistro), Praza de España.

No caso de non presentar este documento no citado prazo, entenderase que renuncia á praza concedida, que será ocupada polo/a correspondente suplente.

DEVOLUCIÓN DE COTAS

Unha vez obtida a praza e aboado o prezo, a persoa interesada só terá dereito á devolución da matrícula no caso de que comunique a renuncia á praza por escrito e solicite a devolución da cantidade aboada, e sexa por causas de forza maior non imputables á persoa interesada como accidente ou ingreso hospitalario, ou que a administración anule a actividade.