Convidamos aos nosos/as hostaleiros/as a participar no Ribadeo Indiano 2017

posted in: Evento | 0

Organizado polo Concello de Ribadeo  A.C.I.S.A. os días 7, 8 e 9 de xullo terá lugar a IV Edición do Ribadeo Indiano.

Así como cada ano,convidamos aos nosos/as hostaleiros/as a participar nesta vindeira edición, coa posibilidade de ofrecer pinchos, tapas e racións, tanto de balde como cun prezo de venta ao público á elección de cada establecemento. No caso dos locais de restauración, poderan realizar como vén sendo habitual menús degustación, e no caso dos bares e pubs ofertar mojitos, caipirinhas, e outros cócteles da época. Este ano o igual que en anteriores, deixamos á súa elección o país que lles sirva de inspiración para crear os seus produtos, así como a ambientación de cada local.

A ambientación do local e a caracterización dos/as hostaleiros/as deberán estar caracterizados con temática da época, quedando á súa libre disposición calquera outro tipo de actividade no seu establecemento.

 

PARA PARTICIPAR SERÁ NECESARIO CUMPRIMENTAR A FICHA DE INSCRIPCIÓN ANTES DO 15 DE XUÑO. 

PUNTOS DE ENTREGA E MAIS INFORMACIÓN
Oficina A.C.I.S.A. Avenida de Galicia 20, 2ª andar / Oficina Turismo.  Dionisio Gamallo Fierros, 7.
Ou tamén enviando un correo a info@acisaribadeo.es / info@ribadeoindiano.com / turismo@ribadeo.org
ou chamando aos teléfonos 982 120 565 / 982 128 689.

 

Leave a Reply