Os indianos introduciron en Ribadeo e Galicia criterios e modas propias de América, deixando constancia do seu espírito innovador no xeito de vestir.

Así vestían os homes Indianos

  • Os homes acostumaban a vestir guayaberas, pantalóns brancos ou beige; e traxes de liño con ou sen garabata. Tal como se fixeran en América, moitos cubríanse con sombreiro panameño de tea ou de pajita, que polo xeral era de cor branca. As guayaberas son camisolas longas, case sempre de manga curta e adornadas con bordados; hainas con petos na pecheira e tamén no faldrón frontal. Era común que no peto da americana ou da guayabera levaran un pano.
  • Complementos ocasionais eran os reloxos de peto, bastóns e gafiñas redondas.
  • Moitos acostumaban fumar puros habanos ou en pipa co tabaco das súas plantacións.

Así vestían as mulleres Indianas

  • As mulleres vestían as pezas propias das clases medias e altas da Habana ou Bos Aires, traxes e vestidos amplos de cores claras, case sempre branco ou beige, e con algunha cor máis viva nos baixos, na cintura ou nas mangas. Os traxes acostumaban ter blondas e encaixes.
  • Na cabeza lucían a clásica pamela adornada con flores ou tocados.
  • Complementos ocasionais eran as antucas ou sombrillas con encaixe, os abanos e os bolso victorianos e colares longos.

Teas

Liños, algodón, sedas naturais ou similares.

Patrocinadores e organizadores

CONCELLO   escola   eventos1   Grupo Teatro Ribadeo Banda de Música


acisa   acisa   COR_cultura_turismo   amadores   cca   Amigos da gaita   Círculo Habanero


Praza de Abastos   Sucadoira   Coral   Filantrópica   hostalaria El Farero