Programa 2023

  • Antevésperas

Luns 5 de xuño

No Parador de Turismo. Refrescante OBRADOIRO DE CÓCTELES para a hostalaría de Ribadeo.  

Sábados 17 e 24 de xuño

De 11 a 13.00H. No Cantón dos Moreno.OBRADOIRO DE BAILE PARA A MOCIDADE ribadense e amables visitantes. “Flashmob de bachata”, a cargo da encantadora señora MAGIE DANCE.

  • Vésperas

Venres 30 de xuño

20.00H. Na casa indiana do señor don Gonzalo Bedoya (R/San Roque, 12 1º). Inauguración da interesantísima EXPOSICIÓN de arte cubana contenporánea, BITÁCORA INCOMPLETA, a cargo dos ilustres artistas cubanos RICARDO MIGUEL HERNÁNDEZ, YUNIOR AGUIAR PERDOMO e CELIA YUNIOR. Curaduría a cargo do señor don Ernesto Cruzado Estévez.

Horario de apertura : do 30 de xuño ao 6 de xullo, de 19.30 a 21.00H. Aviso  no propio espazo de ampliación  horaria para os días 7,8 e 9 de xullo.

Sábado 1 de xullo

20.30H. Interesante conferencia, BITÁCORA INCOMPLETA, a cargo dos señores Ricardo Miguel Hérnandez e Yunior Aguiar Perdomo.

Domingo 2 de xullo

20.00H. No Campo de San Francisco. Ameno CONCERTO DE CLAUSURA  do XI Curso de Iniciación ao Jazz e á música moderna de Ribadeo, a cargo do alumnado e profesorado do curso. Organizado pola sempre dinámica A.C. BRUAR

Venres 7 de xullo

11:00 H. Campo de San Francisco. Torneo de petanca “El Viejo Pancho”. Ao mesmo tempo terá lugar un taller de iniciación co enérxico CLUB DE PETANCA RIBADEO.

19:00H. Teatro. PRESENTACIÓN da VIII Edición do Ribadeo Indiano. Intervirán:

  • O señor don  Daniel Vega Pérez, ilustre alcalde de Ribadeo.
  • O señor don Eduardo Gutiérrez Fernández, ilustre cronista oficial de Ribadeo.
  • A señora dona Carmen Cruzado Iglesias, ilustre presidenta da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos.

19.15H. Teatro. Fantástico PREGÓN a cargo do eminente escritor e xornalista de raíces ribadenses Santiago Jaureguizar Ortiz de Zarate.

19.45H. Teatro. Amenizada ACTUACIÓN MUSICAL con LOS JIMAGUAS.

20H. BAIXADA AO PEIRAO DE PORCILLÁN na compaña do alegre CUARTETO TRADICIONAL ILLA PANCHA.

20.15H. Peirao de Porcillán. BENVIDA AOS NOSOS QUERIDOS INDIANOS a cargo do reputado GRUPO DE TEATRO DE RIBADEO.

20.30H. Peirao de Porcillán. ACTUACIÓN MUSICAL do internacional grupo SON BOLERO.

21.30H. Animadas ACTUACIÓNS MUSICAIS en:

  • Escaleiras de Martínez: CORO CRECENTE, DE CONXO
  • Patín: LA MALQUERIDA
  • Fonte dos Catro Canos: ESCOLMA DE MEUS, DE VIVEIRO

23.30H. No Campo de San Francisco, festiva ACTUACIÓN MUSICAL con LOS JIMAGUAS.

00.30H. No Campo de San Francisco,  ACTUACIÓN MUSICAL do célebre grupo RÍO CUMBIA.

Polo día adiante encontrámonos nas hospitalarias casas de comidas e bebidas.

Sábado 8 de xullo

11:00H. Barrio de San Roque. Apertura do exquisito MERCADO DE PRODUTOS DE ULTRAMAR.

11:00H. Campo de San Francisco. Recoñecido TORNEO “El Viejo Pancho” DE PETANCA. Ao mesmo tempo terá lugar un taller de iniciación co enérxico CLUB DE PETANCA RIBADEO.

12:00H.Teatro. CONFERENCIA “Arquitecturas para unha Revolución: as escolas da emigración en Galicia”, a cargo da reputada señora  LUZ PAZ AGRAS, doutora arquitecta. Profesora na Escola de Arquitectura da Universidade da Coruña.

12.00H. PASEO CULTURAL POLO LEGADO INDIANO, comentado por D. Xosé María Alonso de Trelles, “Viejo Pancho”. Con SUSO MARTÍNEZ, guía – actor. COMPLETO (NON QUEDAN PRAZAS)

12.00H. Praza do Cantón. Movido OBRADOIRO DE BAILE “A bailar casino”. Iniciación á salsa cubana a cargo de ROSALÍA GT

12.30H. VISITA TEATRALIZADA a cargo da nosa benquerida JESUSA DA MARIANA, veciña da vila e viúva de vivos e mortos. COMPLETO (NON QUEDAN PRAZAS)

12.30H. Praza de abastos. A CHEGADA DOS ELEGANTES HAIGAS.

12.30H.Praciña de San Roque. Encantador RECANTO INFANTIL. Brinquedos tradicionais e obradoiro de xoguetes con materiais naturais.

12.30H. Barrio de San Roque. ACTUACIÓN MUSICAL a cargo da afamada BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE RIBADEO.

13.30H. Nas Catro Rúas. MÚSICAS DE ULTRAMAR cos recoñecidos ACORDEONISTAS DA MARIÑA.

14.00H. Barrio de San Roque. ACTUACIÓN MUSICAL da estimada formación A TROVA CORUÑESA

16.30H. Campo de San Francisco. EXHIBICIÓN do clásico xogo de  DOMINÓ.

17:00H. Anímense de novo a vivir unha apaixonante XINCANA a cargo de CONSENTIDIÑO. COMPLETA (NON QUEDAN PRAZAS)

17.00H. PASEO CULTURAL POLO LEGADO INDIANO comentado polo estimado ribadense Xosé María Alonso de Trelles, “Viejo Pancho”. Con SUSO MARTÍNEZ, guía – actor. COMPLETA (NON QUEDAN PRAZAS)

17.30H. No Campo de San Francisco, goza do VIII GRAN ABERTO DE QUIMBUMBIA (billarda) do RIBADEO INDIANO.

18:00H. VISITA TEATRALIZADA a cargo da benquerida JESUSA DA MARIANA, veciña da vila e viúva de vivos e mortos. COMPLETA (NON QUEDAN PRAZAS)

18H:00Praza de Abastos. MUSICAS DE ULTRAMAR cos recoñecidos ACORDEONISTAS DA MARIÑA.

18:00H. Praza do Cantón. Alegre OBRADOIRO DE BAILE “A bailar casino”. Iniciación á salsa cubana a cargo de ROSALÍA GT

19.00H. CONFERENCIA “Arquitecturas de ida e volta”, a cargo do ilustre señor MANUEL AMABLE ROMERO PÉREZ, doutor arquitecto. Profesor de Fundamentos da Arte

20.30H. Barrio de San Roque. Aclamado XXVII FESTIVAL DE HABANERAS E MÚSICA HISPANOAMERICANA “RÍA DE RIBADEO“.

  • CORAL POLIFÓNICA DE CANDELEDA (ÁVILA)
  • ORFEÓN DE MIERES (ASTURIAS)
  • CORAL POLIFÓNICA DE RIBADEO

23.30H.Campo de San Francisco. Recreación dunha concorrida VERBENA TRADICIONAL con TIRULEQUE e SEPTETO SANTIAGUERO.

Polo día adiante encontrámonos nas hospitalarias casas de comidas e bebidas.

 

Domingo 9 de xullo

10:00H. Praza de abastos. Tradicional MERCADO DA HORTA.

12.00H. Ameno PASEO CULTURAL polo legado indiano, comentado por D. Xosé María Alonso de Trelles, “Viejo Pancho”. Con SUSO MARTÍNEZ, guía–actor. COMPLETO (NON QUEDAN PRAZAS)

12H. Rúa San Francisco. Dinámico FLASHMOB DE BACHATA, a cargo da encantadora señora MAGIE DANCE e alumnado.

12.30H. VISITA TEATRALIZADA a cargo da benquerida JESUSA DA MARIANA, veciña da vila e viúva de vivos e mortos. COMPLETO (NON QUEDAN PRAZAS)

12.30H.Praza de Abastos. ALBORADA. A cargo dos alegres AMIGOS DA GAITA

12.30H. Barrio de San Roque. EXHIBICIÓN DE ELEGANTES VEHÍCULOS CLÁSICOS.

13:00H. Círculo Habanero da Devesa. Pracenteira SESIÓN VERMÚ. MUSICAS DE ULTRAMAR  a cargo do QUINTETO DE ACORDEÓNS LAGUNAK

14:00H. Círculo Habanero da Devesa. Enxebre XANTAR CAMPESTRE. Compra previa de tickets***

17.00H.Círculo Habanero da Devesa. Xovial sobremesa coa ACTUACIÓN MUSICAL do grupo TOXO GUAYABA

17.00H. Dende o Círculo Habanero da Devesa. Interesante PASEO CULTURAL polo legado Indiano de Vilaframil, Rinlo e A Devesa, comentado polo carismático D. Xosé María Alonso de Trelles, “Viejo Pancho”. SUSO MARTÍNEZ, guía-actor. COMPLETO (NON QUEDAN PRAZAS)

17.30H. VISITA TEATRALIZADA a cargo da estimada JESUSA DA MARIANA, veciña da vila e viúva de vivos e mortos. COMPLETA (NON QUEDAN PRAZAS)

20.30H. Barrio de San Roque. ACTUACIÓN MUSICAL a cargo do grande artista cubano ELIADES OCHOA.

22:00H.Barrio de San Roque. SORTEO PRESENCIAL dunha exótica VIAXE A CUBA.

Polo día adiante encontrámonos nas hospitalarias casas de comidas e bebidas.

Suxestións:

  • Na casa indiana de don Gonzalo Bedoya (R/San Roque, 12 1º). Visita a exposición de arte cubana contemporánea, BITÁCORA INCOMPLETA, a cargo de Ricardo Miguel Hérnandez, Yunior Aguiar Perdomo e Celia Yunior. Ernesto Cruzado Estévez, curador.
  • Achégate ao TEATRO a ver a RECREACIÓN DO SKYLINE INDIANO DE RIBADEO.
  • Redescubre o noso MURAL “Estampas do retorno”, de JOSEBA MURUZÁBAL, na praciña da Fonte Nova.
  • Na contorna do mercado de ultramar retrátate no espazo de fotografía
  • Visita as nosas acolledoras casas de comidas e bebidas para degustar gastronomía “indiana”.
  • Participa no sorteo dunha viaxe a Cuba coas rifas que che entregarán nos nosos comercios e casas de comidas e bebidas.

*Poderás reservar calquera das actividades programadas no teléfono 982 128 689 ou na Oficina de Turismo de Ribadeo. Prazas limitadas.

**Poderás reservar unha praza na xincana no correo xincanaribadeoindiano@gmail.com.

***Poderás adquirir o teu tícket para o xantar campestre na casa do Viejo Pancho (rúa Viejo Pancho, 12), de luns a venres en horario de 10.00 a 14.00H; no Círculo Habanero (sábado e domingo, de 12.00 a 14.00H), na casa de comidas Horta de San Roque, e na Oficina de Turismo. Prezo para persoas adultas: 25 Euros. Para crianzas ata 10 anos: de balde. Tel.: 629021816