IV Pegada Indiana

IV Pegada Indiana

A pegada indiana é un xogo dirixido a maiores de 18 anos.

É un xogo por equipos e de probas, que deberedes ir superando para lograr o voso obxectivo.. marchar cara as Américas.

Cada proba estará situada nun punto estratéxico, que os participantes deberán dar con el, seguindo as pistas que a organización e o xurado vos proporcionarán.

Unha vez atopado o punto de control, o/a xuíz/xuíza mandaravos facer unha proba que deberedes de superar; unha vez finalizada, ofreceravos unha pista para atopar o seguinte control. Unha vez rematadas as probas, deberedes entregar o material nun punto que o/a xuíz/xuíza da última proba vos indicará, para que o xurado poda contabilizar todos os puntos acadados.

O xogo comezará as 17:00h. É preciso que todos os grupos participantes estean no punto de saída, na rúa San Roque 15 min antes, para que o/a capitán/capitá de cada equipo reciba as instrucións oportunas para dar comezo ao xogo.

Os dous grupos que máis puntos consigan terán un premio que se entregará na verbena que se celebrará a noitiña no parque, por xentileza do C.C.A.

1º grupo: 100 euros e trofeo
2º grupo: 50 euros e trofeo

INSCRIPCIÓN:

Os equipos estarán formados de 5 a 10 participantes máximo.
Poderédesvos apuntar no correo xincanaribadeoindiano@gmail.com onde nos debedes de informar do número e nome dos compoñentes do grupo así como o nome do/da capitán/capitá e un teléfono ou correo de contacto.

Requisitos:

• Respectar o número de compoñentes do grupo.
• Todos os participantes teñen que superar os 18 anos.
• Nome do capitán ou capitá (elixido por os membros do grupo, e que será o encargado de recoller o material antes do comezo da proba e de dirixirse a organización)
• Se algún membro do equipo non pode beber bebidas alcohólicas deberá de informar antes do comezo do xogo
Obrigacións dos equipos:
Todos os equipos estarán obrigados a competir nobremente.
Respectar e obedecer as indicacións dos/das xuíces/xuízas e persoal da organización.

PUNTOS:

Por cada proba superada, recibiredes unha puntuación que os/as xuíces/xuízas determinarán segundo a execución e implicación do grupo.
Poderedes tamén obter puntos extra, para iso, deberedes estar atentos/atentas, á páxina do facebook de Ribadeo Indiano e ao correo electrónico.
A organización e o xurado poden descontar puntos:
• Se o comportamento do grupo non é o apropiado.
• Se non se presentan todos os membros do equipo nas probas.
• Se non se respectan as indicacións dos/das xuíces/xuízas.

CONFORMIDADE:

A inscrición neste xogo supón a plena aceptación das presentes bases de participación.