A pegada indiana é un xogo dirixido a maiores de 18 anos.

BASES DA XINCANA INDIANA

A pegada indiana é un xogo dirixido a maiores de 18 anos.
 

É un xogo por equipos e de probas, que deberedes ir superando para lograr o voso
obxectivo.. marchar cara as Américas.


Cada proba estará situada nun punto estratéxico, que os participantes deberán dar con
el, seguindo as pistas que a organización e o xurado vos proporcionarán.

Unha vez atopado o punto de control, o/a xuíz/xuíza mandaravos facer unha proba que
deberedes de superar; finalizada, ofreceravos unha pista para atopar o
seguinte control. 

Ao rematar as probas, deberedes entregar o material nun
punto que o/a xuíz/xuíza da última proba vos indicará, para que o xurado poida
contabilizar todos os puntos acadados.

O xogo comezará as 17:00h.

É preciso que todos os grupos participantes estean no
punto de saída, na rúa San Roque, 15 min antes, para que o/a capitán/capitá de cada
equipo reciba as instrucións oportunas para dar comezo ao xogo.

Os tres grupos que máis puntos consigan terán un premio que se entregará na verbena
que se celebrará a noitiña no quiosco do parque.

 

INSCRICIÓN:

Os equipos estarán formados  de 5 a 10 participantes máximo.
Poderédesvos apuntar no correo xincanaribadeoindiano@gmail.com onde nos debedes
de informar do número e nome dos compoñentes do grupo, así como o nome do/da
capitán/capitá e un teléfono ou correo de contacto.
A orde de inscrición virá dada pola orde de entrada dos correos electrónicos

REQUISITOS:

Respectar o número de compoñentes do grupo.

Todos os participantes teñen que superar os 18 anos.

Nome do capitán ou capitá (elixido por os membros do grupo, e que será o
encargado de recoller o material antes do comezo da proba e de dirixirse a organización).

Se algún membro do equipo non pode beber bebidas alcohólicas deberá de
informar antes do comezo do xogo.

OBRIGACIÓNS DOS EQUIPOS:

Todos os equipos estarán obrigados a competir nobremente.

Respectar e obedecer as indicacións dos/das xuíces/xuízas e persoal da organización.

PUNTOS:

Por cada proba superada, recibiredes unha puntuación que os/as xuíces/xuízas
determinarán segundo a execución e implicación do grupo.

Poderedes tamén obter puntos extra, para iso, deberedes estar atentos/atentas, á
páxina do facebook de Ribadeo Indiano e ao correo electrónico.

A organización e o xurado poden descontar puntos:

Se o comportamento do grupo non é o apropiado.

Se non se presentan todos os membros do equipo nas probas.

Se non se respectan as indicacións dos/das xuíces/xuízas.

CONFORMIDADE:

A inscrición neste xogo supón a plena aceptación das presentes bases de participación.