rifas sorteo viaxe Cuba

DENDE O 4 ATA O 14 DE XULLO REPARTIRANSE 200.000 RIFAS PARA ENTRAR NO SORTEO DUNHA VIAXE A CUBA PARA DÚAS PERSOAS. ESTARÁN A DISPOSICIÓN DOS CLIENTES dOS MÁIS DE 130 ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS E HOSTALEIROS QUE SE ADHERIRON A ESTA CAMPAÑA, UN DOS PRATOS FORTES DO VI RIBADEO INDIANO.

Máis de 130 establecementos de toda a vila, socios e non socios da patronal ribadense repartirán as máis de 200.000 rifas que se poñen en circulación dende mañá, 4 de xullo, ata o mesmo día 14 deste mes, xornada na que terá lugar o sorteo da viaxe a Cuba no Ribadeo Indiano.

No VI Ribadeo Indiano os seus organizadores: Concello de Ribadeo e Acisa quixeron dar un paso mais e levar a dúas persoas a Cuba, país ao que se dedica a edición deste 2019. Segundo explican “hai que seguir facendo este evento mais grande, introducindo novidades e reclamos para os ribadenses e visitantes. Ademais é un xeito de premiar e fidelizar as compras na nosa vila nunha época na que comezan as rebaixas e aumenta a afluencia turística”.

A viaxe que se sortea é para dúas persoas e será para desfrutar do 13 o 20 de setembro. O premio cubre o voo de Madrid á Habana, o traslado posterior ao aeroporto, a habitación dobre con aloxamento e almorzo no hotel Habana Riviera By Iberostar de 4 estrelas durante 3 noites, o traslado desde a Habana a Varadero,  habitación dobre con todo incluído 4 noites no hotel Iberostar Laguna Azul de 5 estrelas. Inclúe tamén bo desde a Habana a Madrid, o visado a Cuba e o seguro de viaxe.

A axencia de viaxes que proporciona dito premio e Eroski Viaxes de Ribadeo, empresa asociada a Acisa.

Dende a organización agradecen “a colaboración prestada por Estrella Galicia e Banco Sabadell para levar a cabo esta actividade que esperamos sexa un éxito”.

Participar no sorteo é moi sinxelo: as rifas estarán a disposición dos clientes nos establecementos participantes nesta campaña do 4 o 14 de xullo. O único que se ten que facer é pedir as rifas tras o gasto realizado. As papeletas deberán ir debidamente seladas por dito establecemento e cubertas con nome, apelidos e DNI do cliente, que será quen conserve as rifas no seu poder ata o 14 de xullo, xornada na que de 11:00 a 21:30 horas poderá introducir na urna do sorteo as súas rifas no posto que estará situado na Praziña de San Roque.

O sorteo terá lugar de forma presencial tras a actuación do grupo Compay Segundo no mesmo palco da actuación; collerase unha rifa da urna, e dirase o nome por megafonía dando 5 minutos de tempo para que apareza o premiado; de non aparecer volverase sortear cantas veces faga falta ata entregar o premio. A persoa gañadora deberá acreditar que o seu numero de DNI coincide co da papeleta premiada.

Desde a organización do Ribadeo Indiano advirten que “non serán validas as papeletas sen algún dos datos persoais ou sen o selo do establecemento”.

As bases do sorteo e o listado de establecementos adheridos están dispoñibles na web e redes sociais de Ribadeo Indiano e Acisa Ribadeo. Tamén figurarán na rifa e no cartel identificativo dos establecementos participantes, as normas básicas.

Os establecementos adheridos son os seguintes:

Hotel Eo, La Solana, Restaurante a Mirandilla, Hotel – Restaurante Javier Montero, Gasolinera El Jardin, Porta Norte, Náutico, Hotel Fogar do Mariñeiro, Restaurante Mariñeiro, Hotel Mi Norte, Casa Fandin, Parque Recreativo Labirinto Costa Mariña, Hotel Restaurante O Cabazo, Bar Portillo, Viajes Eroski, Galcarpi, Fraiz Informatica, Café Bar Madison, Oviedo Bar, Apartamentos Turísticos Escuder, Merceria y Concepcion Susana Moreira, Rosalar, Siñeiro Hogar, Adele, Phone House, Bolsos Núñez, Xardineo, Manteleiro, IMAG_N 365, Optica Miro, Bar de Noa, El Rincón del Gordo, Opticalia Ribadeo, Centro Auditivo Global, Beep Ribadeo, A Mariña Asesores, Terra Branca, Bis  A Bis, Galipizza Ribadeo, Folder, La Coqueta, Manhattan, Texturas Galegas, Malo Será, Xeito Decoración, Pequerrechos, Castillo de Pesca, Bora Bora, O Tumbin, Faro Norte Comunicación, O Lar de Manolo, Nana Tienda, Don Zapato, Ferreteria Morán, Hotel Casona Lazurtegui, Boutique Peluqueria y Estética, Bar Estopa, Ribanzo Pub, Serviocio, Sendin Electricidad, Hotel Restaurante Costa Verde, Optica Duovision, Hotel Loriente / Cayo Coco, Hotel Mediante, Hostal Churrería Linares, PVI Seguros, Bar Cienfuegos, Bimba 13, Plateria Gutié, Nina, A Ribeira, Con Sentidiño, Paquetaría Merceria Vizcaya, Queimada, Volvoreta, Marcelota, Panaderia Torviso, La Floristeria, Din & Don, Glass, Farfala, Optica Carreira, Anais, Merceria Torviso, Calzados La Moda, Sargadelos Ribadeo, R23, Don Zapato, La Moda Básico, Lencería Julia, La Moda Sport, Farmacia Álvarez Lebredo, Esprit, Peluqueria Slaloms, Boutique Valentina, Foto Miguel, Dándara, Boutique del Rio, Cafeteria La Lira, Jatay, Trece Eventos, Coco, Delicates, Manualidades Marta, Panificadora del EO, Tien-21, Sanjurjo Moda, Mareta, Taberna de Antón, Peineta, La Botellaría, Saia, Bar San Roque, Antigüedades Luz, El Mundo del Pintor, Ginzo Hombre – Mujer, O Indiano Ribadeo, Mika, Mesón Morriña, Confitería la Alianza, Gráficas Ribadeo, Rotugraf, Álvarez Real, O Alen, Outel 19-19, La Brisa, Joyería Azabache, Bar Galicia, Inmoriba, Logo Design Studio, Restaurante A Dorada Do Cantábrico e Deportes Docobo.

Ademais esta mesma semana Acisa Ribadeo, como parte da organización, dotou de material decorativo gratuíto a todos seus comercios e hostaleiros asociados e de vasos do Ribadeo Indiano para aqueles que os quixeron comprar.