cabecera web

1. OBXECTO

O obxecto destas bases é o establecementos das bases para participar no evento temático de espazos gastronómicos materializados nas denominadas foodtrucks con motivo do Ribadeo Indiano na súa VII Edición.

O concello de Ribadeo quere dar resposta ao incremento da demanda que se produce durante a celebración deste evento en Ribadeo á vez que diversifica as actividades que se desenvolven durante estes días.

2. LOCALIZACIÓN, DATAS E HORARIOS

O espazo onde se localizarán as foodtrucks será aberto e estará localizado na zona superior da praza de abastos de Ribadeo que linda coa Rúa Ramón González.

Este evento celebrarase durante dous días, 9 e 10 de xullo de 2022 e proporcionará comidas a un prezo de mercado fixado polas propias foodtrucks. Non estará permitido a venda de ningún tipo de bebidas.

O horario de apertura será de 12:00 a 22:00 h ambos os dous días.

3. REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN

Esta convocatoria estará dirixida a persoas que dispoñan de foodtrucks cos requisitos mínimos:

  • Estar dados de alta no IAE que corresponda.
  • Dispoñer dos permisos necesarios para a manipulación de produtos alimenticios.
  • Estar inscritos en el rexistro sanitario / alimentario que corresponda.
  • Dispor dun seguro de responsabilidade civil que cubra os riscos do exercicio da actividade.
  • Dispor dun vehículo homologado, co seguro en regra y revisión de ITV. No caso de que o vehículo supere os 3.500 kg, deberá aportarse tarxeta de transporte do ámbito que proceda.

A organización seleccionará un máximo de 5 foodtrucks. Para poder participar, as persoas ou entidades interesadas deberán cumprir cos requisitos establecidos nas presentas bases de participación, cumprimentar debidamente e enviar en tempo e forma a súa solicitude de participación.

Pode consultar e descargar as BASES DE PARTICIPACIÓN no seguinte enlace: