Ata o 22 de xuño estará aberto o prazo de inscrición para participar na sétima edición do Mercadiño Indiano, que se celebrará en Ribadeo o 9 de xullo.
O mercadiño indiano constitúe unha espazo dentro da VII Edición Ribadeo Indiano para a mostra de postos con produtos e mercancías de ultramar e da época así como de oficios que comprenderán finais do S. XIX e principios do XX.
Lugar, data de celebración e organización
O mercado terá lugar previsiblemente na Rúa San Roque durante o día 9 de xullo de 2022 en horario continuo* de 11:00h ata a finalización do festival de Habaneras que será aproximadamente sobre as 22:00h. O lugar de celebración poderá variar por causa de forza maior.
*A organización deixará que cada stand contemple a posibilidade de pechar en horario de mediodía de 15:00h a 17:00h, neste caso a vixianza e seguridade correrá a cargo dos expositores/as.
En todo caso será obrigatorio manter a apertura dos postos de 11:00h a 15:00h en horario de mañá e de tarde a partir das 17:00h ata a finalización do festival de Habaneras.
Participación
Poderán participar preferentemente as persoas físicas ou xurídicas que desenvolvan algunha actividades relacionada coa cultura indiana ou da época (finais do S.XIX e principios do S.XX)
No anexo I faise unha aproximación ás actividades sen prexuízo de que as persoas interesadas propoñan calquera outra relacionada, neste caso deberán xustificar adecuadamente a súa relación.
Condicións e características
- As persoas participantes empregarán vestimenta adecuada á temática do mercado (indiana e/ou de colmados da época) e correrá a cargo do expositor. Así mesmo os stands deberán estar decorados e ambientados coa temática do mercado (cánabo, maletas, caixas antigas de madeira, sacos de arpilleira, obxectos de época, etc.) e debérase ocultar na medida do posible aqueles elementos modernos.
- Todos os produtos que se comercialicen no mercado de indianos deberán cumprir a normativa vixente en cada caso.
- A organización non se fai responsable das perdas, roubos, furtos ou danos dos materiais e produtos durante o mercado.
- A organización asignará os espazos e dimensións seguindo o seus propios criterios de distribución e segundo necesidades do mercado.
- Todos produtos a venda terán relación coa temática do mercado.
- Unha persoa responsable da organización percorrerá os stands para verificar que se cumpren os requisitos de participación. A organización se reserva a posibilidade de retirar, no transcurso do mercado, aqueles produtos que non contemplen estas bases.
Pode consultar e descargar as BASES DE PARTICIPACIÓN no seguinte enlace: