DE RIBADEO A CUBA . IX RIBADEO INDIANO 

BASES DO SORTEO 

A Asociación de Comerciantes, Servicios e Autónomos de Ribadeo (A.C.I.S.A. Ribadeo), en  colaboración co Concello de Ribadeo, como entidades organizadoras do Ribadeo Indiano, co fin  de dinamizar a s compras durante a primeira parte do verán, e en especial durante o Ribadeo  Indiano, sortean unha viaxe a Cuba. 

COMO PARTICIPAR: 

Se compras ou consumes nos establecementos asociados a A.C.I.S.A. Ribadeo, poderás entrar  no sorteo dunha viaxe a Cuba para dúas persoas. 

Para participar no sorteo, deberase realizar unha compra ou consumición en calquera dos  establecementos adheridos a A.C.I.S.A. Ribadeo, sen importe mínimo, e con cada compra o  entregarache unha ou varias rifas. 

A cantidade de rifas a entregar, establecerase mediante criterio de cada comerciante. 

As rifas deberán estar debidamente selada polo establecemento que as entregue, de xeito  visible na parte dianteira. 

Poderás facerte coas túas rifas do 21 de Xuño de 2023 ó 14 de Xullo de 2024 ata a hora do  sorteo. 

As rifas están debidamente numeradas do 000.000 ao 160.000. 

O dia 14 de xullo, instalarase unha urna na praza de San Roque (fronte os Cocos); dende as  12:00 horas ata as 21:00 horas; onde deberas depositar unha das partes da rifa numerada. 

A RIFA:

As rifas que se entregarán nos establecementos asociados estarán formadas por dúas partes,  que deben conservarse por parte do cliente ata o dia do sorteo, 14 de xullo, unha parte estará  sinalada como parte a depositar e outra como parte a conservar. 

A parte a depositar debera ser a que debe levar o selo do establecemento que a entregou. 

PARTE A CONSERVAR PARA EL SORTEO ——- PARTE A DEPOSITAR NA HURNA 

O SABADO 14 DE XULLO DE 12:00 A 21:00  HORAS 

*EN CADA ESTABLECEMENTO ENTREGARANSE AS DUAS PARTES XUNTAS 

O dia 14 de xullo dende as 12:00 horas ata as 21:00 horas as persoas que teñan rifas para o  sorteo, poderán depositalas nunha urna instalada na carpa situado no na calle san roque.  Ademais de depositar as rifas deberán gardar a parte a conservar para poder participar do  sorteo. 

NORMAS DE PARTICIPACION: 

Debido a natureza desta campaña, poderá participar calquera cliente dos establecementos  adheridos maiores de 18 anos a excepción de: 

– Os donos ou traballadores dun establecemento participante coas papeletas do propio establecemento onde traballe. (non se impide participar con papeletas doutros  negocios onde pode realizar compras.) 

– O xerente, presidente e membros da xunta directiva de A.C.I.S.A. Ribadeo. * – Os membros da comisión organizadora de Ribadeo Indiano (Alcalde, concelleiros,  membros de A.C.I.S.A. Ribadeo, técnicos municipais e de A.C.I.S.A. Ribadeo que  traballaron na organización desta edición do evento) * 

*Non implica a non participación dos seus familiares como clientes do comercio local. 

PREMIO: 

O premio a sortear é unha viaxe para dúas persoas a Cuba, en forma de combinado  pechado de 3 noites na cidade da Habana e 4 noites na cidade de Varadero. 

DETALLES DA VIAXE: 

– Datas: do 8 a o 15 de setembro de 2024 

– Voo Madrid-Habana (14:45 – 17:30) 

– Traslado del aeroporto al hotel

º   

– 3 noites de estancia – habitación dobre con aloxamento e almorzo no hotel IBEROSTAR  GRAND PACKARD*****. 

– Traslado do Hotel de A Habana a o Hotel Varadero. 

– 4 noites de estancia – habitación dobre, con todo incluído, Hotel IBEROSTAR LAGUNA  AZUL***** 

– Traslado do Hotel de Varadero a o Aeroporto da Habana 

– Voo Habana-Madrid (19:50 do 15 de setembro – 11:50 do 16 de setembro) – Visado a Cuba 

– Seguro básico de viaxe.  

– Complementos extra 

O SORTEO: 

O sorteo da viaxe terá lugar no palco de musica instalado para o evento na rúa San Roque, o  domingo 14 de Xullo o rematar a actuación musical. 

Todas as rifas deberan estar depositadas no interior da urna, situada na praza de San Roque, antes das 21:00 horas momento de peche da urna. 

Durante a actuación trasladarase a furna o palco da musica onde terá lugar o sorteo. 

O SORTEO SERA EN FORMATO PRESENCIAL, de tódalas papeletas da urna collerase unha, lerase  o numero da rifa; darase 5 minutos para que apareza a persoa agraciada; de non ser así,  repetirase o sorteo ata que apareza o gañador. 

Antes de anunciar oficialmente o gañador, verificarase que este parte a outra parte da urna. 

PAGO DO PREMIO: 

Ao gañador premiado coa rifa agraciada entregaráselle un certificado acreditativo e deberá de  facilitar o seu numero de DNI e telefono, para que, na semana seguinte o sorteo, se persoe nas  oficinas de A.C.I.S.A. Ribadeo a facer os tramites necesarios para desfrutar da viaxe. En dito  momento estará presente o representante da axencia EROSKI/VIAJES (entidade a que se lle  encarga dita viaxe en nome de ACISA Ribadeo. 

*As oficinas de A.C.I.S.A. Ribadeo permanecera aberta os dias laborables de 9:30 a 14:30 horas situadas en Rúa San Roque 57- Baixo 

DISFRUTE DO PREMIO: 

O gañador ou gañadora do premio comprométese a gozar del nas datas marcadas pola axencia  de viaxe.

º   

O premio non pode ser revendido a terceiros, ou cedido sen coñecemento e consentimento de  ACISA Ribadeo. 

Se a persoa agraciada non poida desfrutar do premio, debera de comunicalo a ACISA Ribadeo;  podendo, baixo autorización da asociación, cederllo a un amigo ou familiar, baixo documento  de cesión emitido por esta asociación. 

O premiado comprométese o envío de fotografías a ACISA Ribadeo durante o desfrute na súa  viaxe co fin de que esta asociación as utilices para a difusión e divulgación desta campaña do  xeito que crea oportuno. 

*Para o cobro do premio requírese a aceptación das bases deste sorteo mediante certificado expedido pola secretaria  de esta asociación e firmado polo gañado do premio. 

* A aceptación deste concurso con leva a toma de fotografías dos premiados para a súas posteriores publicacións, en  medios de comunicación e redes sociais. 

* O uso dos datos de carácter persoal son unicamente para a celebración do sorteo, solo o persoal autorizado de  ACISA Ribadeo terá acceso a eles, e este limitase a identificar o gañador e proceder a notificarlle que gañou un premio,  así como para a publicación dos nomes dos gañadores en medios de comunicación e redes sociais. Tralo sorteo  tódalas rifas serán destruídas debidamente. 

El afectado queda informado y consiente que los datos recogidos, conforme a lo previsto en la Ley Orgánica 15/1999 de Protección  de Datos de Carácter personal y del Real Decreto 1720/2007 del Reglamento de desarrollo de la LOPD, serán incluidos en un fichero  denominado ASOCIADOS inscrito en el Registro General de Protección de Datos, cuyo Responsable del fichero es A.C.I.S.A. Ribadeo  y cuya finalidad es el control, gestión, mantenimiento y facturación de los socios, asesoramiento, gestión, oferta de productos y  servicios, envío de informaciones comerciales y fidelización de los mismo.  

El afectado podrá manifestar su negativa al tratamiento de sus datos en un plazo máximo de treinta días, entendiéndose prestado  el consentimiento en caso de no pronunciarse a tal efecto.  

Asimismo, podrá ejercitar gratuitamente los derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición dirigiéndose a C/San Roque  57- Bajo – 27700 RIBADEO (Lugo) o a través de correo electrónico a info@acisaribadeo.es junto con prueba válida en derecho, como  fotocopia de DNI e indicando en el asunto “PROTECCIÓN DE DATOS”