O mercadiño indiano constitúe unha espazo dentro da VIII Edición Ribadeo Indiano para a mostra de postos con produtos e mercancías de ultramar e da época así como de oficios que comprenderán finais do S.XIX e principios do XX. 

Lugar, data de celebración e organización 

O mercado terá lugar previsiblemente na Rúa San Roque durante o día 8 de xullo de 2023 en horario continuo* de 11:00h ata a finalización do festival de Habaneras que será aproximadamente sobre as 22:00h. O lugar de celebración poderá variar por causa de forza maior. 

*A organización deixará que cada stand contemple a posibilidade de pechar en horario de mediodía de 15:00h a 17:00h, neste caso a vixilancia e seguridade correrá a cargo dos expositores/as. 

En todo caso será obrigatorio manter a apertura dos postos de 11:00h a 15:00h en horario de mañá e de tarde a partir das 17:00h ata a finalización do festival de Habaneras. 

Participación 

Poderán participar preferentemente as persoas físicas ou xurídicas que desenvolvan algunha actividades relacionada coa cultura indiana ou da época ( finais do S.XIX e principios do S.XX) 

No anexo I faise unha aproximación ás actividades sen prexuízo de que as persoas interesadas propoñan calquera outra relacionada, neste caso deberán xustificar adecuadamente a súa relación.

Pode consultar e descargar as BASES DE PARTICIPACIÓN no seguinte enlace: