III_Ribadeo_Indiano_2016_ (27)

Un ano máis, poñémonos en contacto con vostede para indicarlles que os días 12, 13 e 14 de xullo terá lugar a VI Edición do Ribadeo Indiano. O evento está organizado polo Concello de Ribadeo  e  A.C.I.S.A. Ribadeo, e con motivo do mesmo levaranse a cabo diferentes actividades.

Dende Concello e A.C.I.S.A. invítasevos a participar do evento ofrecendo, durante o transcurso do mesmo, degustacións de pinchos, tapas ou racións, tanto de balde como de pago, á elección de cada un de vós. A maiores, no caso dos locais de restauración, poderán realizar menús degustación; e os bares ofrecer mojitos, caipirinhas, e outros cócteles da época. Ao igual que en anteriores edicións, cada hostaleirx poderá tomar un país Iberoamericano de referencia para crear os pinchos, tapas, racións e a ambientación do seu local (como saberedes esta ano o Ribadeo Indiano adícase a Cuba).

PARA CONSERVAR A BOA REPUTACIÓN DO EVENTO, PREGAMOS NOS INDIQUEN PROPOSTAS FACTIBLES PARA ESES DÍAS.

Buscando a uniformidade e estética indiana A.C.I.S.A. REGALARÁ AOS SEUS SOCIXS UN PACK DECORATIVO PARA OS MEMBROS DA SÚA ASOCIACIÓN DE XEITO GRATUÍTO: con 1 liña de 25 metros de banderín branco, una liña de 25 metros de frecos e 6 farolillos.

Este ano A.C.I.S.A. Ribadeo NON repartira palmeiras.

Nesta ocasión,  A.C.I.S.A. Ribadeo entregará, SÓ PARA OS ESTABLECEMENTOS DE HOSTELERIA QUE OS SOLICITE; VASOS DO RIBADEO INDIANO, A PRECIO DE COSTE 0.15 EUROS/UNIDADE; esta é unha iniciativa que busca aforrar custes para xs hostaleirxs, e tamén impedir que se enchan as rúas de cristais.

A FICHA DE INSCRIPCION DEBERÁ SER ENTREGADA ANTES DO 21 DE XUÑO.

PUNTOS DE ENTREGA E MÁIS INFORMACIÓN:

Oficina Turismo:  Dionisio Gamallo Fierros, 7/ Oficina ACISA: C/Viejo Pancho 13 – Baixo 
no correoturismo@ribadeo.org  / info@acisaribadeo.es 
chamando aos teléfonos 982 128 689 / 982 120 565