Programa 2024

  • Antevésperas

Sábado 15 e 29 de xuño e Sábado 6 xullo

12.00H. Diante da estatua do Viejo Pancho. PASEO CULTURAL “A Galicia americana”, co afamado guía-actor SUSO MARTÍNEZ.

Sábado 22 de xuño

12.00H.No Hotel Gastronómico Araucaria. OBRADOIRO de deliciosa REPOSTERÍA INDIANA para familias a cargo da viaxada EDIANA ZAMBRANO QUINTERO.

20.15H. Inauguración da entrañable EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA “Los sitios y las gentes. Escenarios de una historia” de TITO CASADO AGUDÍN.

20.30H. Na Biblioteca Municipal “Viejo Pancho”. PRESENTACIÓN DA NOVELA “El cerezo del cementerio”, a cargo do seu carismático autor TITO CASADO AGUDÍN.

Martes 25 de xuño

17.00H. Salón de actos da Casa do Mar. Interesante ACTIVIDADE PARA A HOSTELERÍA “A repostería na casa Indiana: contexto histórico e cultural” a cargo das cultas propietarias da confeitería PAN DE LIMÓN.

  • Vésperas

Mércores 3 Xullo

12.30H. Nas dinámicas Catro Rúas. Animados MONICREQUES “A Cuba!” a cargo de TÍTERES ALAKRAN.

20.30H. Nas dinámicas Catro Rúas. Animados MONICREQUES “A Cuba!” a cargo de TÍTERES ALAKRAN.

Xoves 4 Xullo

20.30H. No Auditorio da vila. Morriñosa obra de TEATRO para as familias. “CASTELAO” da coñecida CULTURA ACTIVA PRODUCIÓNS.

Sábado 6 de xullo

18.00H. Na impoñente granxa-escola Pedro Murias. MERENDA CAMPESTRE para degustar o saboroso e ribadense CHOCOLATES MORENO, chegado directamente de ultramar.

20.30H. Na granxa-escola Pedro Murias. CONCERTO do aclamado cantautor ROI CASAL.

Domingo 7 de xullo

20:30H. No Auditorio da vila. Formidable REPRESENTACIÓN TEATRAL “Boa sorte, mala fama” da fantástica compañía TARABELA CREATIVA.

Venres 12 de xullo

19.00H. No Teatro da vila, solemne PRESENTACIÓN da IX Edición do Ribadeo Indiano. Intervirán:

  • D. Daniel Vega Perez. Alcalde de Ribadeo.
  • D. Eduardo Gutiérrez Fernández. Cronista oficial de Ribadeo.
  • Carmen Cruzado Iglesias. Presidenta da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos.

19.15H. Teatro. PREGÓN a cargo da eminente PILAR CAGIAO VILA, profesora titular de historia de América da USC e académica correspondente da “Academia de la Historia de Cuba”.

19.45H. Teatro. VELADA MUSICAL a cargo do queridísimo CORO SAGRADO CORAZÓN.

20.00H. BAIXADA AO PEIRAO DE PORCILLÁN na compaña do enxebre CUARTETO TRADICIONAL ILLA PANCHA.

20.15H. Peirao de Porcillán. A CHEGADA DOS INDIANOS a cargo do prestixioso GRUPO DE TEATRO DE RIBADEO.

20.30H. Peirao de Porcillán. ACTUACIÓN MUSICAL da vistosa agrupación DOÑA MANTECA.

23.30H. Quiosco da música do campo de San Francisco. ACTUACIÓN MUSICAL da espléndida formación GALLAECIA  SMALL BAND.

00.30H. Quiosco da música do campo de San Francisco. ACTUACIÓN MUSICAL da prestixiosa cubana LUDMILA MERCERÓN.

Polo día adiante encontrámonos nas hospitalarias casas de comidas e bebidas.

Sábado 13 de xullo

11.00H. No pintoresco barrio de San Roque. Apertura do surtido MERCADO DE PRODUTOS DE ULTRAMAR.

11.00H. Campo de San Francisco.Vistoso TORNEO “El Viejo Pancho” DE PETANCA. Ao mesmo tempo terá lugar un divertido taller de iniciación a cargo do CLUB DE PETANCA RIBADEO.

11.30H. Teatro. CONFERENCIA “Para que servían as cartas da vida cotiá das familias con emigrantes: funcións e temas tratados”, a cargo do ilustre historiador RAÚL SOUTELO VÁZQUEZ.

12.00H. VISITA TEATRALIZADA a cargo de JESUSA DA MARIANA, veciña da vila e viúva de vivos e mortos. Previa reserva*

12.00H. Praza do Cantón. Movido OBRADOIRO DE BAILE de “Son Cubano” a cargo da famosa ROSALIA GT.

12.30H. Praza de Abastos. A CHEGADA DOS ELEGANTES HAIGAS co acompañamento musical dos internacionais MARIACHIS.

12.30H. Praciña de San Roque. RECANTO INFANTIL: Brinquedos tradicionais e imaxinativo obradoiro de xoguetes a cargo de CONSENTIDIÑO.

12.30H. Barrio de San Roque. ACTUACIÓN MUSICAL a cargo da magnífica BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE RIBADEO.

12.30H. Nas concorridas Catro Rúas. MÚSICAS DE ULTRAMAR cos recoñecidos LOS GUAJIROS.

14.00H. Barrio de San Roque. ACTUACIÓN MUSICAL a cargo da entusiasta formación CONTRABANDEANDO.

16.30H. No florido campo de San Francisco. EXHIBICIÓN do clásico xogo de DOMINÓ.

17.00H. Rifada XINCANA a cargo de CONSENTIDIÑO. Previa reserva**

17.00H. PASEO CULTURAL polo legado indiano comentado polo estimado ribadense D. Xosé María Alonso de Trelles, “Viejo Pancho”. Con SUSO MARTÍNEZ, guía–actor. Reserva previa*

17.30H. Parque de Indianos. IX GRAN ABERTO DE QUIMBUMBIA (Billarda) do Ribadeo Indiano.

18.00H. Espectacular VISITA TEATRALIZADA a cargo da benquerida JESUSA DA MARIANA, veciña da vila e viúva de vivos e mortos. Reserva previa.*

18.00H. Praza de Abastos. MÚSICAS DE ULTRAMAR coa xenial agrupación LOS GUAJIROS.

18.00H. Praza do Cantón. Entretido OBRADOIRO DE BAILE de “Rueda Bachata” e Exhibición “Rueda Casino” a cargo da prestixiosa escola de Baile de Salón ÁNGEL Y BEGOÑA.

19.00H. Teatro. CONFERENCIA “Vida cotiá e xantares de ida e volta”, a cargo do eminente catedrático XAVIER CASTRO PÉREZ.

20.30H. Barrio de San Roque. Reputado XXVII FESTIVAL DE HABANERAS E MÚSICA HISPANOAMERICANA “RÍA DE RIBADEO“.

  • CORAL VALPARAÍSO (VALLADOLID)
  • CORAL BRIGANTINO (BRAGANÇA)
  • CORAL POLIFÓNICA DE RIBADEO

23.30H. Quiosco da música do campo de San Francisco. Recreación dunha animada VERBENA TRADICIONAL cos grupos de música DE NINGHURES E SEPTETO NABORI.

Polo día adiante encontrámonos nas hospitalarias casas de comidas e bebidas.

Domingo 14 de xullo

10.00H. Na colorida praza de abastos. Histórico MERCADO DA HORTA.

11.30H. Teatro. CONFERENCIA “As sociedades de instrución galegas de Cuba: 120 anos gardando a memoria histórica común das nosas aldeas” a cargo da insigne historiadora ARANTXA FERNÁNDEZ CRESPO.

12.00H. Ameno PASEO CULTURAL polo legado indiano comentado polo coñecido ribadense D. Xosé María Alonso de Trelles, “Viejo Pancho”. Con SUSO MARTÍNEZ, guía–actor. Reserva previa*

12.00H. Praza do Cantón. OBRADOIRO DE BAILE de salsa cubana a cargo do entusiasta bailarín MICHEL VALDÉS.

12.30H. Fantástica VISITA TEATRALIZADA a cargo da benquerida JESUSA DA MARIANA, veciña da vila e viúva de vivos e mortos. Previa reserva*

12.30H.Praza de Abastos. ALBORADA a cargo da pioneira formación de recoñecido prestixio FOLLAS NOVAS.

12.30H. Barrio de San Roque. EXHIBICIÓN dos luxosos VEHÍCULOS CLÁSICOS.

13.00H. No elegante Círculo Habanero da Devesa. Festiva SESIÓN VERMÚ a cargo do popular conxunto musical A TROVA.

14.00H. Círculo Habanero da Devesa. Gorentoso XANTAR CAMPESTRE. Compra previa de tickets***

17.00H. Círculo Habanero da Devesa. Xovial sobremesa coa ACTUACIÓN MUSICAL da formación HABANA 537.

17.00H. Dende o Círculo Habanero da Devesa. Interesante PASEO CULTURAL polo legado Indiano de Vilaframil, Rinlo e A Devesa comentado polo carismático D. Xosé María Alonso de Trelles, “Viejo Pancho” con SUSO MARTÍNEZ, guía-actor. Previa reserva*

17.30H. VISITA TEATRALIZADA a cargo da estimada JESUSA DA MARIANA, veciña da vila e viúva de vivos e mortos. Previa reserva.*

18.00H. Na vetusta praza do Cantón. Rítmico OBRADOIRO DE BAILE de salsa cubana a cargo MICHEL VALDÉS.

19.00H. Barrio de San Roque. ACTUACIÓN MUSICAL estelar a cargo do premiado artista dominicano VICENTE GARCÍA.

21.00H. Barrio de San Roque. SORTEO PRESENCIAL dunha exótica VIAXE A CUBA.

Polo día adiante encontrámonos nas hospitalarias casas de comidas e bebidas.

Suxestións:

  • Achégate ao Teatro a ver a recreación “A ALMA DE DOUS MUNDOS”, obra realizada polo alumnado e profesorado do Obradoiro de Emprego Tecendo Coidados.
  • Nas rúas principais da vila poder gozar coa mostra “A ALMA DE DOUS MUNDOS”, obras realizadas polo alumnado e profesorado do Obradoiro de Emprego Tecendo Coidados.
  • Redescubre o noso MURAL “Estampas do retorno” de artista mozo ribadense JOSEBA MURUZÁBAL, na praciña da Fonte Nova.
  • Na contorna do mercado de ultramar retrátate no espazo de fotografía
  • Visita as nosas acolledoras casas de comidas e bebidas para degustar gastronomía “indiana”.
  • Se te quedache sen reserva nas nosas casas de comidas podes visitar e reservar no espazo gastronónico sito no Centro Social de Ribadeo (a carón do Concello) Máis info:  https://xantaconnosco.gal/gl/festival
  • Participa no sorteo dunha VIAXE A CUBA coas rifas que che entregarán nos nosos comercios e casas de comidas e bebidas.

*A partir do 1 de xullo, poderás reservar calquera das actividades programadas na web: indiano.ribadeo.org. Prazas limitadas.

**A partir do 1 de xullo, poderás reservar unha praza na xincana no correo: xincanaribadeoindiano@gmail.com.

*** A partir do 1 de xullo, poderás adquirir o teu tícket para o xantar campestre na oficina de turismo de 10 a 14 horas. Prezo: Adultos: 30€. Nenas/os ata 14 anos: 15€