Este ano o Ribadeo Indiano sortea unha viaxe a Cuba para 2 persoas!

BASES DO SORTEO

A Asociación de Comerciantes, Servicios e Autónomos de Ribadeo (A.C.I.S.A. Ribadeo), en colaboración co Concello de Ribadeo, como entidades organizadoras do Ribadeo Indiano, co fin de dinamizar a s compras durante a primeira quincena do verán, e en especial durante o Ribadeo Indiano, sortean unha viaxe a Cuba.

1. COMO PARTICIPAR

Se compras ou consumes nos establecementos asociados a A.C.I.S.A. Ribadeo, poderás entrar no sorteo dunha viaxe a Cuba para dúas persoas.
Para participar no sorteo, deberase realizar unha compra ou consumición en calquera dos establecementos adheridos a A.C.I.S.A. Ribadeo, sen importe mínimo, e con cada compra o entregarache unha ou varias rifas.
A cantidade de rifas a entregar, establecerase mediante criterio de cada comerciante.
As rifas deberán estar debidamente selada polo establecemento que as entregue, de xeito visible na parte dianteira ou traseira da mesma; DE NON ESTAR SELADAS NON SERAN VALIDAS PARA O SORTEO.

  • Poderás facerte coas túas rifas do 24 de Xuño de 2022 ó 10 de Xullo de 2022 ata a hora do sorteo. 
  • As rifas terán espazo no que deberas indicar o nome, apelidos e D.N.I. Estes datos deberan estar correctamente cubertos xa que DE NON SER ASI, QUEDARAN INVALIDADAS.
  • O dia 10 de xullo, instalarase unha urna na praza de San Roque (fronte os Cocos); dende as 11:00 horas ata a hora do sorteo (tras a actuación musical do domingo na rúa San Roque); onde deberas depositar as túas papeletas correctamente cubertas, para participar do sorteo.

2. NORMAS DE PARTICIPACION

Debido a natureza desta campaña, poderá participar calquera cliente dos establecementos adheridos maiores de 18 anos a excepción de:

  • Os donos ou traballadores dun establecemento participante coas papeletas do propio establecemento onde traballe. (non se impide participar con papeletas doutros negocios onde pode realizar compras.)
  • O xerente, presidente e membros da xunta directiva de A.C.I.S.A. Ribadeo. *
  • Os membros da comisión organizadora de Ribadeo Indiano (Alcalde, concelleiros, membros de A.C.I.S.A. Ribadeo, técnicos municipais e de A.C.I.S.A. Ribadeo que traballaron na organización desta edición do evento) *
  • Non implica a non participación dos seus familiares como clientes do comercio local.

3. PREMIO

O premio a sortear é unha viaxe para dúas persoas a Cuba, en forma de combinado pechado de 3 noites na cidade da Habana e 4 noites na cidade de Varadero.

DETALLES DA VIAXE:

  • Datas: do 2 a o 10 de setembro de 2022
  • Voo Madrid-Habana (16:40 – 20:40)
  • Traslado do aeroporto da Habana a o hotel na Habana.
  • 3 noites de estancia – habitación dobre con aloxamento e almorzo no hotel Tryp Habana Libre****.
  • Traslado do Hotel de A Habana a o Hotel Varadero.
  • 4 noites de estancia – habitación dobre, con todo incluído, Hotel Melia Península Varadero*****.
  • Traslado do Hotel de Varadero a o Aeroporto da Habana
  • Voo Habana-Madrid (22:40 do 9 de setembro – 13:40 do 10 de setembro)
  • Visado a Cuba
  • Seguro básico de viaxe.

4. O SORTEO

O sorteo da viaxe terá lugar no palco de musica instalado para o evento na rúa San Roque, o domingo 10 de Xullo o rematar a actuación musical da artista Lila Down.
Todas as rifas deberan estar depositadas no interior da urna, situada na praza de San Roque, antes das 21:00 horas momento de peche da urna.
Durante a actuación trasladarase a furna o palco da musica onde terá lugar o sorteo.
O SORTEO SERA EN FORMATO PRESENCIAL, de tódalas papeletas da urna collerase unha, lerase o nome e apelidos; darase 5 minutos para que apareza a persoa agraciada; de non ser asi, repetirase o sorteo ata que apareza o gañador.
Antes de anunciar oficialmente o gañador, verificarase o D.N.I. polos membros da organización. (No caso de que se acheguen mais de unha persoa cun mesmo nome e apelidos, debera se comprobar os D.N.I. polo persoal da organización para comprobar cal e o agraciado).

5. PAGO DO PREMIO

Ao gañador premiado coa rifa agraciada entregaráselle un certificado acreditativo e deberá de facilitar o seu numero de DNI e telefono, para que, na semana seguinte o sorteo, se persoe nas oficinas de A.C.I.S.A. Ribadeo a facer os tramites necesarios para desfrutar da viaxe. En dito momento estará presente o representante da axencia EROSKI/VIAJES (entidade a que se lle encarga dita viaxe en nome de ACISA Ribadeo.

*As oficinas de A.C.I.S.A. Ribadeo permanecera aberta os dias laborables de 9:30 a 14:30 horas situadas en Rúa San Roque 57- Baixo

 

6. DISFRUTE DO PREMIO

O gañador ou gañadora do premio comprométese a gozar del nas datas marcadas pola axencia de viaxe.
O premio non pode ser revendido a terceiros, ou cedido sen coñecemento e consentimento de ACISA Ribadeo.
Se a persoa agraciada non poida desfrutar do premio, debera de comunicalo a ACISA Ribadeo; podendo, baixo autorización da asociación, cederllo a un amigo ou familiar, baixo documento de cesión emitido por esta asociación.
O premiado comprométese o envío de fotografías a ACISA Ribadeo durante o desfrute na súa viaxe co fin de que esta asociación as utilices para a difusión e divulgación desta campaña do xeito que crea oportuno.

 

*Para o cobro do premio requírese a aceptación das bases deste sorteo mediante certificado expedido pola secretaria de esta asociación e firmado polo gañado do premio.
* A aceptación deste concurso con leva a toma de fotografías dos premiados para a súas posteriores publicacións, en medios de comunicación e redes sociais.
* O uso dos datos de carácter persoal son unicamente para a celebración do sorteo, solo o persoal autorizado de ACISA Ribadeo terá acceso a eles, e este limitase a identificar o gañador e proceder a notificarlle que gañou un premio, así como para a publicación dos nomes dos gañadores en medios de comunicación e redes sociais. Tralo sorteo tódalas rifas serán destruídas debidamente.

El afectado queda informado y consiente que los datos recogidos, conforme a lo previsto en la Ley Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter personal y del Real Decreto 1720/2007 del Reglamento de desarrollo de la LOPD, serán incluidos en un fichero denominado ASOCIADOS inscrito en el Registro General de Protección de Datos, cuyo Responsable del fichero es A.C.I.S.A. Ribadeo y cuya finalidad es el control, gestión, mantenimiento y facturación de los socios, asesoramiento, gestión, oferta de productos y servicios, envío de informaciones comerciales y fidelización de los mismo.

El afectado podrá manifestar su negativa al tratamiento de sus datos en un plazo máximo de treinta días, entendiéndose prestado el consentimiento en caso de no pronunciarse a tal efecto.
Asimismo, podrá ejercitar gratuitamente los derechos de acceso, rectificación, cancelación y oposición dirigiéndose a C/San Roque 57- Bajo – 27700 RIBADEO (Lugo) o a través de correo electrónico a info@acisaribadeo.es junto con prueba válida en derecho, como fotocopia de DNI e indicando en el asunto “PROTECCIÓN DE DATOS”