O día 8 de xullo de 2023 terá lugar a oitava edición do Mercadiño Indiano, un espazo para a mostra de postos con produtos e mercancías de ultramar e da época así como de oficios.
Este mercadiño celebrarase na Rúa San Roque en horario continuo de 11:00 horas e ata a finalización do festival de Habaneras, que será aproximadamente sobre as 22:00 horas. Non obstante, a organización permitirá que cada stand poida pechar en horario de 15:00 a 17:00 horas, correndo a vixilancia e seguridade a cargo das persoas expositoras. En todo caso, será obrigatorio manter a apertura dos postos de 11:00 a 15:00 horas e de 17:00 ata a finalización do festival de Habaneras.
Poderán participar preferentemente as persoas físicas ou xurídicas que desenvolvan algunha actividades relacionada coa cultura indiana ou da época (finais do S.XIX e principios do S.XX).
Así mesmo, dos días 8 e 9 de xullo celebrarase, en horario de 12:00 a 22:00 horas, o espazo gastronómico do Ribadeo Indiano onde se proporcionarán comidas a un prezo de mercado fixado polas propias foodtrucks e non estará permitida a venda de ningún tipo de bebidas.
Este espazo será aberto e estará localizado na zona superior da praza de abastos de Ribadeo que linda coa Rúa Ramón González. As foodtrucks terán acceso a electricidade e auga no mesmo espazo e deberán de estar decoradas e ambientadas coa temática do mercado indiano.
As persoas que desexen participar tanto no Mercadiño Indiano como no espazo gastronómico deberán de presentar a súa solicitude no rexistro xeral do Concello, na sede electrónica http://ribadeo.sedelectronica.gal ou calquera outro medio recollido na Lei 39/2015, do 1 de outubro ,do procedemento administrativo común das administracións públicas antes do día 1 de xuño de 2023.
As bases de participación poden consultarse na Sede Electrónica do Concello: https://ribadeo.sedelectronica.gal