A pegada indiana é un xogo dirixido a maiores de 18 anos.

BASES DA XINCANA INDIANA

A pegada indiana é un xogo dirixido a maiores de 18 anos.
É un xogo por equipos e de probas, que deberedes ir superando para lograr
rematar o xogo.

Cada proba estará situada nun punto estratéxico, que os/as participantes
deberán dar con el, seguindo as pistas que a organización e o xurado vos
proporcionarán. Unha vez atopado o punto de control, o/a xuíz/xuíza mandaravos facer unha
proba que deberedes de superar. Cando rematedes de facela, ou o tempo de
execución se esgote, ofreceravos unha pista para atopar o seguinte control.
Unha vez finalizadas as probas, teredes que entregar o material nun punto que
o/a xuíz/xuíza da última proba vos indicará
, para que o xurado poda contabilizar
todos os puntos acadados.

O xogo comezará o sábado 9 de xullo de 2022 ás 17:00h. É preciso que todos os grupos participantes estean
no punto de saída, na rúa San Roque, 15 min antes, para que o/a capitán/capitá
de cada equipa reciba as instrucións oportunas para dar comezo ao xogo.

Os tres grupos que máis puntos consigan terán un premio que se entregará na
verbena que se celebrará a noitiña no parque, por xentileza de A.C.I.S.A.

  • 1º grupo: 150 € en vales de compra de A.C.I.S.A y trofeo.
  • 2º grupo: 125 € en vales de compra de A.C.I.S.A y trofeo.
  • 3º grupo: 100 € en vales de compra de A.C.I.S.A y trofeo.

INSCRICIÓN:

Os equipos estarán formados de 6 a 12 participantes máximo.

Poderédesvos apuntar no correo xincanaribadeoindiano@gmail.com onde
nos debedes de informar do número e nome dos compoñentes do grupo, así
como o nome do/da capitán/capitá e un teléfono ou correo de contacto.

REQUISITOS:

  • Respectar o número de compoñentes do grupo. Se houbese algunha
    incorporación ou baixa, unha vez realizada a inscrición, deberá ser comunicada
    a través do mesmo enderezo electrónico.
  • Todos/as os/as participantes teñen que superar os 18 anos. (Non está
    permitido o acompañamento de menores durante o desenvolvemento do xogo)
  • Nome do capitán ou capitá (será o/a encargado/a de recoller o material
    antes do comezo da proba e de dirixirse en todo momento á organización)
  • Se algún/algunha compoñente do equipo non pode beber bebidas
    alcohólicas deberá de informar
    antes do comezo do xogo ou ben, a través do
    enderezo electrónico no momento da inscrición.

OBRIGACIÓNS DOS EQUIPOS:

  • Todos os equipos estarán obrigados a competir nobremente.
  • Respectar e obedecer as indicacións dos/das xuíces/xuízas e persoal da
    organización.

PUNTOS:

Por cada proba superada, recibiredes unha puntuación que os/as xuíces/xuízas
determinarán segundo a execución e implicación do grupo.
Poderedes tamén obter puntos extra, para iso, deberedes estar atentos/atentas,
á páxina do facebook de Ribadeo Indiano e ao correo electrónico.

A organización e o xurado poden descontar puntos:

  • Se o comportamento do grupo non é o apropiado.
  • Se non se presentan todos os membros do equipo nas probas.
  • Se non se respectan as indicacións dos/das xuíces/xuízas.

CONFORMIDADE:

A inscrición neste xogo supón a plena aceptación das presentes bases de
participación.