mercadiño-indiano-ultramar-ribadeo-indiano

O mercado indiano constitúe unha espazo dentro da III Festa Indiana para a mostra de postos con produtos e mercancías de ultramar e da época así como de oficios da que comprenderán finais do S.XIX e principios do XX.

Lugar, data de celebración e organización

O mercado terá lugar na Rúa San Roque durante o día 9 de xullo en horario continuo de 11:00h ata a finalización do festival de Habaneras que será aproximadamente sobre as 22:00h.
A organización deixará que cada stand contemple a posibilidade de pechar en horario de mediodía de 15:00 a 17:00h, neste caso a vixianza e seguridade correrá a cargo dos expositores/as.
En todo caso será obrigatorio manter a apertura dos postos de 11:00h a 15:00h e 17:00 ata a finalización do festival de Habaneras, que se desenvolverá na mesma rúa.

Participación

Poderán participar preferentemente as persoas físicas ou xurídicas que desenvolvan unha actividade económica no Concello de Ribadeo, que sexa algunhas das actividades consideradas dentro do Anexo I,e que estarán obrigadamente relacionadas coa cultura indiana ou da época ( finais do S.XIX principios do S.XX)
Así mesmo entidades que non teñan a súa actividade económica no Concello de Ribadeo, poderán presentar a súa solicitude, tendo preferencia os de Ribadeo na concorrencia a un posto.
Así mesmo a organización reservase o dereito de convidar a participación persoas e ou entidades de fora de Ribadeo, por razón do seu produto como un elemento significativo da época e sempre e cando non estea dispoñible na localidade.

Condicións e características

– Os stands non terán instalación eléctrica dispoñible por ser un mercado de día. No caso de que fose necesario correrá a cargo dos adxudicatarios/as.
– As persoas participantes empregarán vestimenta adecuada á temática do mercado (indiana e/ou de colmados da época) e correrá a cargo do expositor.
Así mesmo os stands deberán estar decorados e ambientados coa temática do mercado ( cáñamo, maletas, caixas antigas de madeira , sacos de arpilleira,
obxectos de época etc. ) e debérase ocultar na medida do posible aqueles elementos modernos.
– Queda prohibida a reprodución de música individual
– Todos os produtos que se comercialicen no mercado de indianos deberán cumprir a normativa vixente en cada caso.
– A organización non se fai responsable das perdas, roubos, furtos ou danos dos materiais e produtos durante o transcurso do mercado.
– A organización asignará os espazos e dimensións seguindo o seus propios criterios de distribución e segundo necesidades do mercado.
– Todos produtos a venda terán relación coa temática do mercado.
– Unha persoa responsable da organización percorrerá os stands para verificar que se cumpren os requisitos de participación . A organización se reserva a posibilidade de retirar , no transcurso do mercado, aqueles produtos que non contemplen estas bases.

Criterios de adxudicación

Se o número de solicitudes que cumpran os requisitos destas bases supera o número de espazos dispoñibles, a concesión será por sorteo. De cara a garantir a diversidade e diversificación de produtos a venda a organización preverá un equilibrio en número entre as diferentes actividades presentadas, garantindo a maior tipoloxía de actividades posible.
Establecérase unha lista de espera para o caso de que existise algunha renuncia.

Documentación

– Modelo I Instancia cumprimentada
– Fotografía do produto/s obxecto de venda
– Breve descrición do posto: vestimenta, ambientación e produtos de venda
– Fotocopia do DNI / C.I.F ,para o caso de persoa xurídica
– Documentos que acrediten estar dados de alta nunha actividade económica ( Epígrafes do IAE e último pago en autónomos etc..
– Autorización sanitaria e outros documentos que acrediten que os produtos cumpren coa normativa vixente en cada caso.
– As solicitudes se presentarán no rexistro xeral do Concello de Ribadeo , ou por correo certificado ou calquera outro medio recollido no artigo 38 da Lei 30/1992

Procedemento e prazo

Os interesados/as deberán presentar no rexistro xeral do Concello a súa a solicitude xunto co modelo de inscrición debidamente cumprimentado e a documentación requirida antes 20 de xuño. A inscrición e participación será gratuíta.

Montaxe e horarios

A montaxe dos stands estará aberta desde as 9:00h da mañá. A desmontaxe de stands será obrigatoriamente unha vez rematada o festival de Habaneras que será aproximadamente entre as 22:00h
Cada expositor comprométese a :
– Responsabilizarase dos produtos expostos no seu stand durante a celebración do mercado.
– Que o seu stand permaneza aberto debidamente atendido durante o horario establecido.
– Garantir a presenza variada e un número suficiente de produtos, representativos e acreditados na instancia da solicitude.
– No realizar promocións comerciais tales como ofertas, liquidacións, rebaixas, saldo dos por un e similares.

Organización

– No uso das súas competencias, a Organización, poderá adoptar as medidas que considere oportunas para o correcto desenvolvemento do Mercado Indiano.
– A Organización resérvase o dereito de fotografar e filmar stands e produto expostos nos mesmos.
– A organización no se fai responsable, do furto, roubo ou desperfeitos das pezas. A seguridade e vixiancia correrá a cargo dos expositores/as.
– A organización ten contratada unha póliza de Responsabilidade Civil.
– . O incumprimento destas condicións será motivo de exclusión da selección no proceso de adxudicación da edición do 2017.

Información e comunicación

Para máis información poderán poñerse en contacto coa Área de Desenvolvemento Local e Turismo de Ribadeo, no teléfono : 982128650 ou no correo electrónico adl@ribadeo.org
A concesión ou non de stands será no taboleiro de anuncios , paxina web www.ribadeo.gal , correo electrónico e aqueles outro medios que se considere.
ANEXO I
Produtos da horta con especial incidencia nos produtos chegados das Américas : pataca , pemento, tomate , millo e outros relacionados
Produtos latinos de alimentación.
Colmados e outros produtos de alimentación: café, cacao, salazóns, ron, herbas , especies.
Doces e pasteis típicos da época
Xoguetes de época
Froitas tropicais
Chocolates e cacaos
Roupa, Complementos, tocados e camafeos acordes coa época
Libros, revistas e outros artigos de papelería relacionados coa temática.
Antigüidades e decoración da época
Flores e plantas tropicais
Xeados
Oficios de época : barquilleiros, zapateiros/zoqueiro , etc..
Outros: Xustificar a súa relación coa temática ultramar e/ou da época

PARA DESCARGAR A SOLICITUDE DE INSCRICIÓN FAI CLIC AQUÍ: Enlace de DESCARGA

PARA DESCARGAR AS BASES FAI CLIC AQUÍ: Enlace de DESCARGA