1. OBXECTO
O obxecto destas bases é o establecementos das bases para participar no evento temático de espazos gastronómicos materializados nas denominadas “ foodtrucks” con motivo do Ribadeo Indiano na súa Edición .
O concello de Ribadeo quere dar resposta ao incremento da demanda que se produce durante a celebración deste evento en Ribadeo á vez que diversifica as actividades que se desenvolven durante estes días.
2. LOCALIZACIÓN, DATAS E HORARIOS
O espazo onde se localizarán as foodtrucks será aberto e estará localizado na zona superior da praza de abastos de Ribadeo que linda coa Rúa Ramón González.
Este evento se celebrará durante dous días, 8 e 9 de xullo de 2023 e proporcionará comidas a un prezo de mercado fixado polas propias foodtrucks. No estará permitido a venda de ningún tipo de bebidas.
As foodtrucks terán acceso a electricidade e auga no mesmo espazo.
O horario de apertura será de 12:00 a 22:00 h ambos os dous días.
3. REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN
Esta convocatoria estará dirixida a persoas que dispoñan de foodtrucks cos requisitos mínimos:
- Estar dados de alta no IAE que corresponda
- Dispoñer dos permisos necesarios para a manipulación de produtos alimenticios.
- Estar inscritos en el rexistro sanitario / alimentario que corresponda.
- Dispor dun seguro de responsabilidade civil que cubra os riscos do exercicio da actividade.
- Dispor dun vehículo homologado, co seguro en regra y revisión de ITV. No caso de que o vehículo supere os 3.500 kg, deberá aportarse tarxeta de transporte do ámbito que proceda.
A organización seleccionará un máximo de 5 foodtrucks. Para poder participar, as persoas ou entidades interesadas deberán cumprir cos requisitos establecidos nas presentas bases de participación, cumprimentar debidamente y enviar en tempo e forma a súa solicitude de participación segundo o Anexo I.
Pode consultar e descargar as BASES DE PARTICIPACIÓN no seguinte enlace: